ver artículo

Moitos din que meu avó era cuspidiño ó de Up.

O meu avó de Up contou que cando nacín os meus latexos eran tan fortes que el xa os escoitaba na porta principal do hospital.

 O meu avó de Up contaba que o día que el naceu comezou a chorar. Ninguén podía calmalo. Foi á escola ós 7 anos, coñeceu á avoa, o choro rematou. Iso aseguraba el.

O meu avó de Up tivo un amigo na mili ó que logo de 62 anos foi ver a Sevilla. Para el o amigo é o maior tesouro que unha persoa pode ter.

O meu avó de Up non tiña casa que voara con globos de cores, non tiña paxaros exóticos, pero si que tiña galiñas, vacas… e, sobre todo, o mesmo amor pola súa compañeira que «aquel» da peli. Del aprendín a non deixar na estacada. O amar sen fin. Del aprendín a contar cando outro comeza a esquecer números.

1906. Un psiquiatra/neurólogo alemán escribía por primeira vez sobre esa «come-memorias» que afecta a 47 millóns (datos da Organización Mundial da Saúde).

No cerebro hai sobre 100.000 millóns de neuronas conectando entre elas para diferentes funcións. «Algo» chamado beta amiloide chega, obstrúe espazos libres e TODO comeza a fallar…

Isto pode pasarlle a calquera. Calquera pode esquecer o late- xo da neta bebé. Que estivo na- morado 80 anos e que a coidou e respectou a vida enteira. Calquera.

Calquera pode voar na casa con globos, perderse con paxaros exóticos e non saber como chegou alí «arriba/UP». O valor da amizade. O amor. Coidar do indefenso. Todo iso aprendín do que está alá «arriba/UP».

47 millóns de avós de Up necesitan que non os deixemos na estacada. Debemos recordarlles que foron quen nos ensinaron a voar, «ARRIBA/UP».

Estíbaliz Veiga

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *