Digna. Que bonito nome tés.
Digna é unha benquerida veciña de Barreiros. Digna tamén debera ser un adxectivo obrigatorio para describir a vida de todas as persoas : «Todos teñen dereito a unha vida digna, dende a Declaración Universal de Dereitos Humanos do 10 decembro do 1948, considérase a dignidade da persoa o fundamento da orde política e da paz social (articulo 10 da Constitución española de 1978 )». O 27 de Marzo do 1962 inaugurase o Teatro das Nacións de París. Dende esa data os centros do ITI e a comunidade internacional conmemoran o día do teatro. Este ano Sabina Berman é a encargada do Manifesto que dará a volta ó mundo neste día tan importante para os que vivimos desta arte. Dixen vivimos? Só 8 de 100 actores españois ingresan ó ano máis de 12.000 euros por exercer o seu oficio, só o 2,15 por cento cobran máis de 30.000 ó ano e dos actores e bailaríns que si traballan, máis da metade non superan os 3.000 euros ó año. Datos de AISGE. Digna. Moi digna. As mulleres sofren unha taxa de desocupación 6 puntos por riba dos homes, cobran menos e traballan sen contrato en máis ocasións. Digno. Moi digno. Conclusión, os actores comen do «amor» polo arte. Ante a grave situación de precariedade, actores e actrices buscan fontes de ingresos que nada teñen que ver cos platós ou escenarios reinventando as súas licenciaturas e diplomaturas universitarias nas dignas artes escénicas e así poder comer algo máis que «amor». Dicía o gran Machado :«Se algunha vez estou famento, non me dea pan, déame medio pan e un libro, porque a alma tamén hai que alimentala». Digna cultura, digna.
Estíbaliz Veiga