Ver artículo

No momento que vivimos

que non facemos máis que pedir que nos fagamos cargo como sociedade do abuso ó inocente, como na redundancia seguir manifestando as inxustizas? De nena, medrei nunha gran mentira, os avós coidando das avoas, as nenas que xogábamos de porteiras… Pero logo chegaron os contos de fadas madriñas e de zapatiños de cristal, de rapazas debruzadas de nocelos no chan fregando cinza. Cada vez máis consciente de que medrar no mundo laboral era traballo dobre, de que as probabilidades de estar nun posto de responsabilidade eran poucas, inexistentes… Camareira, si,… pero fai oídos xordos nas longas noites de dor de pés para pagar a universidade. Azafata , si…pero non se che ocorra non sorrir, te mire como te mire. Si, limpadora…, secretaria, si… NON, directora non. Produtora? Dramaturga? Segundo Nacións Unidas, en calquera sector para achegarse á igualdade de xénero deberase roldar a cota preto do 33%. En España, só o 19% das películas lanzadas en 2015 foron dirixidas por mulleres, (datos informe de CIMA). Os ministros franceses de cultura e igualdade en 2003 encargaron un informe: «O acceso legal de homes e mulleres aos postos de responsabilidade, a lugares de decisión e á dirección de escena no sector das artes escénicas», publicado en 2006. Primeira toma de conciencia da importancia da desigualdade atopada. Hoxe, aquí en España plataformas como Clásicas e Modernas loitan as súas tempadas de Igualdade. Máis mulleres que piden o xusto, sen rabia. A cabalo, lonxe da torre no reino autoritario das mazás envelenadas. Sen máis contos, doces soños.

Estíbaliz Veiga

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *