Benvidas todas as que forma- des, formamos, parte deste mo- vemento imparábel, porque sen vós isto tampouco sería posíbel. Benvidos tamén vós, compañeiros que nos apoiades na loita!».
Así comezaba o manifesto que tiven o rotundo privilexio de ler na Marcha Feminista da Coruña. Uns din 40.000, outros 30.000, en calquera caso unha marea violeta inundou as rúas da cidade hasta colapsala y así deixar claro que se as mulleres paran, para o mundo.
De man de Isabel Risco e acompañada por representantes de diferentes agrupacións conducín a lectura diante da fábrica de tabacos, escollida como símbolo do movemento obreiro de mulleres, en tributo ás cigarreiras, temidas pola firmeza coa que respondían aos abusos patronais, mestras en xerar forza colectiva e en non deixar nunca a ningunha compañeira atrás.
Foi emocionante
Foi realmente emocionante ver como familias enteiras berraban a prol da igualdade e exaltaban a súa convicción de almas violetas.
Medo a que a historia do best seller «O conto da Criada» acabe por non ser tan lonxano. A consolidación do movemento feminista, tranquilízame. Pero sigo alerta. As leis de igualdade non só son necesarias, son fundamentais. A adolescencia está incrementando comportamentos machistas, fan falla moitos 8m os 365 días do ano.
O sábado saín facer deporte protexéndome cun spray legal de autodefensa. Saín á noite polo horario de traballo. Saín á noite porque me deu a gana! Son muller libre e decido cando saio facer deporte. Tropecei. Caín. Non me puiden apoiar na man dereita porque levaba o spray. Acabei no hos- pital. Se fose un home, non levaría o spray.