entregaba o premio da XVIII edición da Semana Internacio- nal do Cine ó admirable Javier Gutiérrez, na compaña do director do festival, Chema Paz Gago e de nós, os convidados, compañeiros e seguidores del. A porta do Alfonsetti brillaba pero sobre todo respiraba un grandísimo cariño polo o protagonista. Isabel Blanco, Beatriz Serén, Mariana Carballal, Rubén Riós, personalidades da cultura e da moda, todos quixeron formar parte deste aplauso que nunca será suficiente ó primeiro actor que se lle outorga este galardón. Eu tiven a sorte de ir xunto a miña amiga e estilista, Natalia Alcayde, vestindo un modelo de Begoña Peñamaría.
Proxectouse moi bo cine, El olivo Iciar Bollaín, El desconocido Dani de la Torre , La isla mínima Alberto Rodríguez… todas pelis onde Javier interpretaba unha variedade de personaxes totalmente diferentes e con gran enxunlla.
Previo á clausura con alfombra vermella e á entrega do merecidísimo premio foi Vida ( Rubén Riós), curta na que teño o pracer de participar como actriz pero da cal tamén son guionista.
Unha historia de relacións e amor «máis alá das vidas» dos protas.
Traballo cheo de alma e corazón cos rapaces de ASPANAS (asociación de nais e pais a favor de persoas con discapacidade intelectual de Ourense). Seleccionado en festivais nacionais e internacionais, obtivo o galardón de Mellor Curtametraxe Galega no Festival Primavera do Cine e despois da longa «xira» pedagóxica chegará o 27 de setembro á súa posta de largo con #máisca- vida nos cines de Callao (Madrid) enchéndoos de alma, co- razón e Vida.