ver artículo 

Xusto antes do encerro estivemos actuando no Centro penitenciario de A Lama. Paradoxo.

Agora estamos todos obrigados a cumprir coa lei, pechados. Estivemos con Golpes, monólogo que interpreto, contra a violencia machista dentro do proxecto 365 días polo respecto e a igualdade da S.X. liderada por Susana L. Abella. O obxectivo é a prevención da violencia de xénero, proporcionar á rapazada galega, dende a educación e a formación, ferramentas que lles permitan coñecer e recoñecer dita violencia contra as mulleres. Esta xornada para Leis (director do espectáculo) e para min (única actriz) era un fermoso reto. Entre os 250 homes e 40 mulleres que cumprían condena alí, habíaos «recoñecibles» polos crimes cometidos e a súa repercusión mediática. E alí estabamos nós. O noso teatro era unha función social. Si.

Un dos días máis apaixonantes en case 20 anos de profesión. Durante o pase, houbo varios aplausos á liberdade da protagonista. Ela expón como foi entrando nese círculo, e cuestiona que a «cousa» segue a ser desigual. Conta que o seu mozo tratou de matala 2 veces e logrou vivir. Aí foi onde o público berrou : «empoderada», «valente»… Un público único. Saímos dos controles, recuperamos os «nosos camiños persoais», e volvíamos ó mundo «libre».

Me pregunto, estando tod@s cumprindo penitencia polo Corona, como estarán as mulleres que viven co seu agresor. A iniciativa canaria da mascarilla 019 na farmacia, estase levando a cabo nalgunha de Galicia. Se a vítima consegue chegar a pedila, o persoal chamará o 112. Nesta Guía atoparedes información sinxela e directa dos recursos existentes na rede galega de apoio, clasificados segundo área (psicolóxica, social, xurídica, económica, laboral, etc) para tratar os casos de violencia machista a través dunha intervención rápida e eficaz. http://bit.ly/3aRPGTo

Non nos olvidemos de que van dous casos (que se saiban) en pouco máis dunha semana.

Amar ó próximo. Amar en tempos de COVID e sempre.

AMAR de igual a igual será o único que nos levará un mundo sen reixas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *