debido ó traballo intenso de presentadora en Un País en 360 (TVG). No meu encerro, nada mellor que comunicarme có mundo a través deste escaparate, as miñas columnas. Esta é a primeira das miñas reflexións deste «Amar en Tempos do Covid».
No confinamento pasamos o 19M. Día de todos os pais e penso en Antonio, o meu avoíño. Pais de pais, os nosos maiores. O meu todo no último tempo padecía Alzhéimer. Tiven que deixar varios traballos e pasar media vida na estrada para atendelo, ademais de contratar os servizos de coidadoras. Finalmente vinme obrigada a pedir auxilio ás que realmente sabían, ás profesionais da Residencia de maiores do Valadouro.
Agora, máis que nunca, estou firmemente segura de que ningún ancián pode vivir só, separado do resto do mundo, aínda que viva na casa na que supostamente ten que morrer porque naceu alí. Debe vivir onde lle atendan como persoa débil e grupo de risco que é. O Corona Vírus deixao ben claro. Quero axudar a aqueles que hoxe ,por lei, se expoñen a un largo período de desidia e tristeza.
Un home de 90 anos non pode estar vivindo só en condición de precario, exposto a que a pandemia o converta nunha illa de soidade. Agora xa foi , obviamente, estamos na obriga de non visitalos nin expoñelos a contaxios, pero para no futuro poder mellorar como sociedade, isto ten que mudar. Responsabilidade non só agora, sempre. Ás familias dos maiores que están vivindo nestas circunstancias, a ver se esta situación lles fai «resetear» e se fan cargo deles, sexa levándoos consigo ou axudándose nas residencias. Creo que están demostrando sentir verdadeiro amor polas persoíñas que atenden , expoñéndose a contaxiarse , cos ánimos po- lo chan pero levántollelo ós seus «abueliñ@s» ós ceos. O meu forte aplauso ás traballadoras da residencia do Valadouro. O gañan tamén diariamente, a miña profunda admiración para este colectivo.