ver artículo 

O día mundial do párkinson

 

escribinlle unhas verbas no meu perfil de Instagram á miña Carmen da alma, a miña avoíña: «Falabas só cun leve levantar dun dos teus negros e pro- fundos ollos. Non lembro a aquela moza alta de xeitosiño camiñar que namoraba por alí onde pasaba, non a lembro porque cando eu nacín xa te acompañaba “aquilo”. Aínda así, facías a tortilla de cebola para oito máis ineludible da miña historia, cosías, calcetabas , facías queixos… “Aquilo” facía que a túa man tremera, que a túa voz fora baixiña, que camiñaras de lado, pero con todo e con “aquilo” non deixabas de aloumiñar os gatiños, de facer orellas polo entroido, de poñer mil lavadoras. “Aquilo” medraba ao mesmo tempo que eu facía anos. Abuelo levábate a todos cantos médicos lle dicían, era divertido, os avós ían de excursión no Citroën Visa vermello a Lugo, á Coruña, a Madrid… e sempre me traían un regaliño… pero de AQUILO, nada. “Aquilo” vivía xa con nós, era un máis da casa. Abuela caía cada vez máis ao chan sen máis nin máis. Abuela andaba a gatas sen que Abuelo o soubera, só o sabía eu, que pensaba que era un xogo dela…

»“Aquilo” e mais eu fixémonos adolescentes, contestóns e malhumora- dos, “Aquilo” era máis irreverente ca min porque facía que abuela quedara en ridículo diante das visitas… “Aquilo” empezaba a gañarnos a batalla. Cando fixemos 25 anos, “aquilo” decidiu sentar a Abuela nunha cadeira de rodas para sempre, e a Abuelo tras dela apuxando ata onde chegan os globos da peli Up voando. Abuela e “aquilo” falaban entre eles , nós non escoitabamos ben o que se dicían porque “aquilo” tapáballe a gorxa. Abuelo nunca aceptou “aquilo”. Eu comecei a ser nai da miña familia. “Aquilo” era un fillo máis ao que nunca souben moi ben como tratar. Tíñalle rabia pero sempre vivira con nós… Un mércores, Abuela comeu sopa, deulle a man a Abuelo e coa forza que lle quedaba apertoulla forte. Neste momento “aquilo” morreu. Marchou para sempre e quedou o recordo dunha muller fermosa, nai e avoa, que cosía bonito e que facía unha tortilla de cebola ineludible. Unha muller que viviu case 35 anos con “aquilo” chama- do #párkinson».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *