ver artículo

En xaneiro presentei a gala do X Congreso de Traballador@s Autónom@s

en Sanxenxo, no hotel Carlos I. Foi todo un privilexio estudar as vidas de grandes loitador@s e sobre todo, ver que este ano os galardóns tinguíronse de violeta. De 12, 10 eran mulleres. Historias como a de Mercedes González a cal no inverno do 66 perdeu a súa casa arrasada por un temporal en Bueu e con 11 anos, deixou a escola e descargaba camións de cervexa.

Hoxe, logo dunha vida de intensos e duros traballos, desde a súa empresa familiar, Frigoríficos Rosa dos Ventos, comercializan o 60% de capturas de polbo en Galicia. Facturan 7 millóns de euros ao ano.

Doce empresas recibiron galardón e houbo 2 menciones especiais, á Escola Naval de Marín e á CRTVG, (momento no cal falei moi por riba, por petición da organización, da miña experiencia de case 20 anos). Recolleu o premio Rosa Vilas (Directora de TVG). Os premiados foron: Concha Penas (Construcións Vilariño),Cristina Tojo, as irmás Sabarís Portela, Vilma González ( H. Carlos I), J. Ramón Franco (G. Intaf Promecan), Anxo Ubeira (Digiauto SL), Sara Dobarro (Quedigo SL), Xosefa Lamas (Casa Santiago), Sol Novoa (Sol Novoa Avogado) e a luguesa Carmen José López ( Licenciada en Dereito pola USC ), no 2008 fundou xunto a 3 socios o estudo xurídico multidisciplinar Lustrum Avogados con sedes en Lugo e Santiago, tamén cofundadora da Compañía Empresarial Pacios, S.L., empresa familiar en Sarria. D. Francisco Conde, conselleiro de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, pechou o acto. Eu resumín estas loitas nunha frase do latín: Vincit qui patitur. Longa «vida autónoma».