Ver artículo

Eu son devota de Sta. Clara. 

No meu norte compartido o meu Amigo ten un barco no que o «azul mariño» muda a azul celeste e aclara. Serán as cousas de Sta.

Silvia Melero es periodista madrileña. Clara. Cando temos un Amigo, temos luz no camiño e calma na tempestade. Eu quero ter un millón de Amigos, si, e así máis for- te poder cantar…

Di J. Cacioppo, profesor de Psiquiatría/ Psicoloxía e director do Centro Cognitivo de Neuro- ciencia Social da Universidade de Chicago: «A soidade ou a percepción de estar aillado ten consecuencias biolóxicas e cognitivas chegando a aumentar a posibilidade de morte prematura un 26%». Tendo en conta que agora xa é realidade que poder converterse en epidemia, a soidade asusta. Como non vai asustar?

Escrebe Elsa Punset no seu libro El mundo en tus manos que non somos illas e que nacemos predestinados para recibir amor dos conxéneres.

«Non es unha illa. As redes que sustentan o teu mundo están densamente tecidas. Cada célula, cada partícula, cada emoción e cada idea túas gravitan ó resto do mundo». Como non vai asustar que xa non teñamos luz no camiño, nin norte compartido ó que ir navegar na auga clara.

En xaneiro a primeira ministra británica, Theresa May, anuncia- ba a creación do Ministerio de Soidade, que terá secretario de Estado no gabinete (equivalen- te a un ministro noso).

Dende Friends nos noventa todos identificamos ós nosos propios Rachel, Phoebe, Chandler, Joie e Ross. Os nosos «non podo vivir sen ti, non hai maneira, non podo estar sen ti…»

Hoxe cántolle ós cen anos de non soidade, canto a aqueles que son familia elixida e conscientemente o istmo á VIDA, os amigos.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *