ver artículo

Cervo. «Creating. Communicating.

Our Diversity We Are Celebrating». Ten unha duración de dous cursos e comezou o curso pasado. Eu fun a privilexiada que impartiu unha clase de achegamento á interpretación, no inglés barreirense que falo despois da miña experiencia como actriz nos EUA e en Canadá.

Tivo lugar no CEIP de Cervo. Os países participantes neste proxecto son Lituania, Polonia, Romanía, Grecia, Portugal, Turquía e España.

O proxecto ten como principal obxectivo coñecer e traballar, a través da escritura creativa e a cultura de cada país, as artes, diferentes técnicas e estilos e derrubar fronteiras.

O curso pasado os obxectivos e as tarefas estiveron principal- mente relacionadas cos contos de fadas e a poesía.

Unha das actividades que se fixeron en tódolos países foi reescribir o conto de Carrapuchiña vermella. A idea era darlle un xiro e introducir na historia elemen- tos locais, e en Cervo decidiron situar a historia no Resurrection Fest. A «avoa metaleira» vivía dentro do recinto do festival…

As presentacións fixéronse no maio pasado en Thessaloniki, Grecia. Os coles están situados en Cervo; Pobiedziska, Polonia; Thessaloniki, Grecia; Marco de Canaveses, Portugal; Prienai, Lituania; e Istambul, Turquía.

Este ano o tema é a creación, a composición e o teatro. Tendo en contra todos os beneficios do concepto aristotélico da comunicación levada a cabo polas actrices e actores, tentei que o experimentaran en primeira persoa.

Tarde intensa e marabillosa. Esther, a coordinadora, fíxome sentir orgullosa de ser dunha MARIÑA DE LUGO onde se fan proxectos deste tipo tan importantes a nivel educativo e social.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *