Ver artículo 

Este mes tio lugar o Día da Educación.

En realidade, como diría meu avó, a «aducancia» nunca hai que deixar de tela. A educación é moito máis que multiplicar, derivadas, as fórmulas ou aprender os ríos de Galicia. É o que configura a un país, o que fai que medre e abra os seus horizontes a tódolos niveis.

O informe PISA realizado en 2012 sitúa a Corea do Sur, o Xapón e Finlandia como países con mellor nivel de ensinanza. Despois de asesorarme sobre escolas finlandesas vin que o enfoque dado ao teatro é transversal, está incorporado en varios temas. Nun estudo da actividade teatral, a clase de Relixión, que se dinamizaba cun xogo de roles, a técnica era utilizada para traballar a empatía. O foco da materia centrábase en mellorar a espiritualidade e a tolerancia cara ás diferentes crenzas, xa que se presentaban a historia e as características das diferentes relixións. Polo tanto, a través da arte traballábase a historia, a xeografía e, sobre todo, a humanidade. Considero que é de necesidade o teatro na educación. Eu son da 1.a promoción de Pedagogos Teatrais (UDC). No 2001 comezamos a carreira con «crenzas» (non fantasiosas) que aseguraban que o teatro sería materia curricular (xa é en moitos países onde a cultura é un ben, non un estorbo). Seguimos agardando. Mentres, varios profesionais somos pedagogos e directores artísticos dunha rapazada que se fan chamar @si_a_ las_artes. Adolescentes de toda Galicia unidos polas redes sociais e con base na escola trilingüe Katarsis Educación e Teatro (C. Ramos e K. Stwerart). Queren artes na educación obrigatoria.

Únete!

Estíbaliz Veiga