Ver noticia

«O olor das orellas e das rosquillas provócame unha nostalxia fermosísima»

A Gala do Entroido de Ribadeo deste sábado 10 estará presentada por Estíbaliz Veiga e Juan Luis Aramburu

A Gala do Entroido de Ribadeo, cita clave mañá na vila, vestirase de gala máis que nunca, ambientada este ano no mundo de Hollywood. Non era menos contar por tanto cunha actriz da talla da mariñá Estíbaliz Veiga para presentar e conducir tal evento, xunto con Juan Aramburu. Alí veremos aos dous no escenario do Teatro. Lembren, mañá.

-Estará moi ben acompañada.

-Somos amigos. Son amiga da familia. Estou encantada porque medo xa non teño…

-Ao escenario?

-Obviamente. Pero si que o respeto moito. Nunca se lle perde nin se debe perder. Pero estar alí cunha persoa que para min é familia, aínda que non o sexamos de sangue, que me veu comezar no oficio e me apoiou moito ao longo da miña carreira… é todo un luxo! El é de Ribadeo de toda a vida, unha persoa moi querida no pobo e moi simpático. Cando me comunicaron que ía estar con Juan… Eu encantada! Téñolle moito cariño.

-Como leva o guion?

-Pois estou diante do ordenador escribindo, guionizando un pouquiño a nosa parte porque a técnica faina Elfarero. Píllasme agora…

-Non lle cortaría a inspiración!

-(Ri) Non, non me acabas de cortar nada. Vou colaborar porque lle teño moitísimo cariño a Ribadeo e á xente de Ribadeo e encántame participar no que poida con eles.

– Como vive o Entroido?

– O ano pasado tocoume presentar gala no Teatro Colón e… sempre me toca traballar, como esta vez. Pero sempre disfruto moitísimo traballando, polo tanto que veñan moitos máis así.

– De que lle gustaría disfrazarse se tivese ocasión?

– Pois ao saír de dar clase na universidade dixéronme que me parecía á Princesa Romy, a da serie Willy Fog. Algún ano heime de disfrazar dela.

– Como eran os carnavales na casa cando era unha nena?

– Con meu avó recordo fontes enteiras de orellas, rosquillas. Encantábanlle… e o cocido. Así que era máis gastronómico e moi galego, porque era cantidade galega, para un rexemento. Gústame polo bonito recordo que me traen. Non é que coma moitas pero si que o cheiro desa comida provócame unha nostalxia fermosísima e poética, dos momentos que vivín cos meus avós da Mariña.

A frase

«Cando me comunicaron que na gala ía estar con Juan Aramburu… Eu encantada¡»

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *