da vida e do home para que puideramos adquirir esta fráxil liberdade que nos concede hoxe a dignidade e a responsabilidade que temos» (Y. Coppens).
Así comeza o prólogo de Eva Veiga do texto teatral Final de Película de Gustavo Pernas Cora, XII Premio Rafael Dieste 2005.
Eu asistín as clases del, dramaturxia en Pedagoxía Teatral na UDC. Un torrente de vitalidade, enerxía e tolaría marabillosas entraban con el na aula. El era principios, convicción e ilusión por mudar o mundo, tal e como a Poética Aristotélica dicía, a través da imitación.
Confiou en min para dar vida a Mayra, protagonista do texto que recibiu en 2007 o premio Max ó mellor autor teatral en galego (con Álvarez-Ossorio). A montaxe de Ancora Producións logrou un par de anos xirando e para min foi acadar unha familia. Ánxela G. Abalo, a súa namorada compañeira de viaxe, para quen o esquecemento xa nunca máis terá valor no seu vocabulario, era a «mamita» do espectáculo que no meu caso foi «principio da miña película».
Gustavo Pernas (1959, Viveiro) foi o actor, director, dramaturgo e mestre que me deu a primeira oportunidade no teatro profesional e que de non ser por iso, probablemente, non sería actriz… Como agradecer e venerar este legado con palabras? Como despedirme dalguén tan grande en tan pouco espazo? Como dar un final a esta película?
As seis partes da auténtica traxedia, fábula, caracteres, elocución, pensamento, espectáculo e melopeia, están presentes hoxe.
Traxedia no teatro galego. Poética partida do «director deprincipios e películas». Ata Sempre, Mestre.