Estíbaliz Veiga, no papel de Pamela en «Golpes» este sábado en Burela
De mil formas podemos axudar a visibilizar o Día da Muller Traballadora. A actriz barreirense Estíbaliz Veiga vaino facer este sábado da forma que mellor sabe, con teatro. Poráse no papel de Pamela na obra Golpes que representará este sábado en Burela. Un one woman show cargado de moitas mensaxes e reivindicacións. «Neste momento ?sinala?, xa que se achega o Día da Muller e agora parece que nos estamos concienciando máis ao referente de que haxa máis mulleres en todos os ámbitos, quería resaltar a labor das compañeiras de Clásicas e Modernas, plataforma da que formo parte, pois estase intentando cumplir a lei de paridade nos teatros galegos».
Golpes, onde ela interpreta a Pamela nun moi pequeno espazo, «trata sobre unha muller que padece a inxustiza da violencia machista. É un feito real, que conta a propia Pamela para que todos os rapaces e rapazas a podan escoitar». «A desigualdade e a violencia machista non so están nos golpes, están nos comportamentos a diario, nas diferenzas nos postos de traballo, nas diferenzas salariais e nos micromachismos que dende moi pequeniños aprendemos nas escolas. Por iso… máis conciencia, máis mulleres e máis mulleres artistas e en postos de responsabilidade».