ver artículo

Meu adorado avó fixo a mili en Melilla e ás veces tiña morriña dos anos que pasara no continente africano cando era rapaciño para licenciarse no Grupo de  Forzas Regulares de Infantería «LARACHE», Alcazarquivir.

Grazas a Hamid («Marruecos te espera») cruzei en xuño o país en varios días para facer unha noite no deserto. Comezamos ruta en Ouarzazat coñecida como a porta do deserto.

Alí rodáronse: Astérix e Cleopatra, Lawrence de Arabia (1962), A guerra das galaxias (1977), 007: Alta tensión, A momia (1999), Gladiator (2000), de aí que lle chamen o Hollywood de África. Neste entorno de película recordaba que meu avó fóra o que sempre me apoiara no soño de ser actriz, o que me alentara e acompañara. O que me deu ás e o que foi «raíces».

Despois Hamid levounos ao Val das Rosas, cheo de aromas embriagadores, formado por hectáreas de rosais, todo da cor das princesas Disney, os taxis tamén. Alí volvín a pensar no que meu avó vivira había 70 anos atrás e como namorara destas cores, cheiros e luz naquel momento xa.

Seguimos camiño ó deserto parando nunha cooperativa de aceite de argán onde as rapaciñas nos ensinaron a moer as améndoas e sacar o ouro líquido tan cotizado na cosmética europea.

Visitamos depósitos de fósiles mariños, paraíso para os amantes da paleontoloxía e mineraloxía. Na pena espida: Trilobites,Ammonoideos, Orthoceras e Gonia- tites (entre outros).

Cando fixen a maleta metín unha foto del, uniformado, para facer unha foto da foto. A «me- ta-foto», _dixen eu.

«Abuelo» sempre tivo ganas de volver alí. Tan preto e tan lonxe. A última vez que vin a foto, foi a noite no deserto.

*Estíbaliz Veiga é actriz natural de Barreiros (páxina web: www.estibalizveiga.com).

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *