O bonito momento do ano nos volvemos solidarios, empáticos e respectuosos. Ha!. En fin.
A quincena na que a “ familia» se xunta para comer e brindar xuntiños. Estou desexando reunirme coa miña que me dá tanto. Desafortunadamente, hai que poñer en tea de xuízo a moitas que «se dan de unidas» e o seu é «postureo» e palabriña barata. Oxalá o Nadal mude esas almas. Son afortunada porque dende o ceo os que me criaron, me coidaron e me deron a posibilidade de sobrevivir ós problemas, brillan. Non só no Nadal, o fan todo o ano para iluminar o meu camiño. Foron os que cando era nena me deron cariño e amor real. De adulta, medrou considerablemente. Agora son os que me axudan, comprenden e me protexen dos “malos”, dende que os de sangue marcharon alén do Universo. Os que todas as Noite boas arman comigo a Marimorena.
Nestas datas as ausencias doen especialmente. Moitos psicólogos especialistas en “duelos” aseguran que no proceso dun por falecemento e logo dun camiño estritamente individual, (no que cada un establece os seus propios ritmos), é saneador desfacerse de todo aquilo que supoña unha carga ou responsabilidade non elixida. No caso de estar preparado emocionalmente, non importa se a decisión final é vender, tirar ou gardar no caixón. O fundamental é que @ afectad@ pola perda sexa don@ das súas decisións e poida obrar sen ningunha presión, sexa cal sexa. Inevitablemente traerá dor, pero levado a cabo cando a persoa estea realmente preparada e saiba que é o momento, éo que debe facer. Pese a quen pese, cada quen é «dono do seu” .Dono dos seus recordos, da pena, e do resto, tamén. Un desexo: que o Nadal, de verdade, nos dea paz e amor real.