ver artículo

O outro día asistín a un espectáculo lamentable.

Non, non foi no teatro, desafortunadamente.Foi no contexto dunha festa xenial onde imperaba o gozo e a boa enerxía en Foz. Mais con todo, un grupo de xente estaba mirando o trinque dun local e un par de persoas chamaban por teléfono. Había un coello, si. Non era un coello de peluche, era real. Ó pouco unha muller ( a «propietaria») apareceu berrando e insultando a aqueles que, coido, auxiliaba ó animal. Non souben máis, e non quero saber porque me parece decepcionante que isto sexa exactamente a metáfora do momento que vivimos.

Os animais non son instrumentos de entretemento, son responsabilidades e compromisos que adquirimos os que se supón que somos seres racionais.

Teño a sorte de coñecer a Montse do Cat Café do Burgo ( A Coruña), lugar onde en 16 meses atoparon máis de 150 gatos fogar e CARIÑO.

Apela ó sentido común, compromiso de castración. Eles rescátanos, trátanos, esterilízannos e búscanlles familia pero di que nada vai cambiar hasta que todos (institucións incluídas ) sexamos de verdade conscientes desta necesidade.

Jordan foi abandonado diante do meu portal, nada máis verme púxose panza arriba e a rosmar de ledo. Obvio que era da casa, non da rúa.Igual xa non valía pa- ra «estar no trinque». Unha parella e máis eu recollémolo e levámosllo ó Cat (rúa da Tapia, 6) onde el e outros lindos gatiños agardan ser adoptados.

Soñan levar o proxecto a outras cidades para poder darlles un futuro mellor a peludos que non son de espuma e pelo sintético, son nobreza, mimos, lealdade e sobre todo, amor verdadeiro. #NONMERQUESADOPTA

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *