organizados pola AAAG. (Asociación de Actrices e Actores de Galicia). O momento que non olvidarei desta «festa do teatro galego” foi o «in memoriam».
En 2018 deixáronnos GRANDES da escena e quedou unha butaca valeira para sempre na nosa viaxe a ningunha parte… Gustavo Pernas era un deles, un home de metáforas que vivía nun soño, como todos os que nos adicamos ó «puro teatro».
Erguínme hoxe ás 7.00 da mañá e de a Coruña fun á Fonsagrada. Alí fixen ás 11.00 a primeira función de Golpes (espectáculo co que estamos de xira por gran número de institutos e auditorios de Galicia no marco do proxecto 365 días de respecto e igualdade, da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia). Ás 12.30 para Cervantes, onde tivemos a nosa seguinte función no IES. Comimos no comedor escolar e de volta á Coruña. Agora estou nun avión, son as 22:10 da noite, rumbo a Madrid porque o Concello de Viveiro contou comigo como actriz para presentar a CAMOVI na Casa de
Galicia… E dirán vostedes, porque nos conta o Caderno de Bitácora? Pois porque esta é a realidade do Teatro. Horas e horas de carretera, mil xeitos de reinventarse, buscar todas cantas maneiras de chegarmos a todo tipo de públicos, e todo, moitas veces, para case non cubrir gastos. Non dista tanto a peli de Fernán Gómez do que hoxe o teatro de pequeno formato vive. Necesitamos teatro. Necesitamos educación nas ARTES. Copiemos dos países que teñen currículo artístico na ensinanza, senón a nosa «viaxe como sociedade» non nos levará a ningunha parte! Eu digo SI ás artes.