Ver artículo

Na ponte do 1 de maio tiven o privilexio de ir ver a aqueles que traballan en festivo. De luns a domingo. Si.

Moitos tentan vivir del. De Vigo a Ribadeo, do musical ao infantil, dos «microthrillers» ás «microimprovisacións integrando á vila de Ribadeo».

Marabilla de creadores, actores, produtores galegos.

A estrea da Familia Adams che- gou a Vigo da man dun dos profe- sionais máis recoñecidos no sector a nivel nacional, oriúndo de Foz.

Piti Alonso trouxo o musical ó máis puro estilo Broadway a Vigo.

Na Coruña, os señores Touriñán e Blanco fixéronnos rir a escachar «como galeg@s» facendo a análi- se de delirantes delitos con deno minación de orixe.

Micro-historias que «nos definen» CRIMINAIS!

Ribadeo, Os COLECCIONISTAS levaron a escena ó Alcalde, ó meu Celeiro de Mariñaos, a ría, a historia do ARTE, a técnica Impro…

Traendo ó presente a base da commedia dell’arte italiana (s. XVI) onde a improvisación libre dos actores era privilexio esencial.

Entre gargalladas o público pe- diu bis.

O teatro infantil educa na cul- tura a futur@s gobernantes, fu- tur@s médicos, futur@s mestres..

AGURATRAT de Pérez & Fernández. Fiestra indiscreta de Hitchcock para nenos de primaria no teatro Colón. Onde senti- mos «diferentes amores» cunha selección musical dun mundo naíf poético e cheo de empatía.

Esta columna é para agradecerlles o seu traballo, que sigan sendo valentes e apostando polo teatro nas súas múltiples fórmulas que nos achegan ó noso público en Galicia.

En Galicia hai teatros.

En Galicia hai espectáculos: UN POBO SEN CULTURA É UN POBO EXPLOTADO, dicía Machado.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *