ver artículo

Copio-pego: «… muero por tí cada vez que me hablas así, PERO TENGO DUEÑO, aunque de noche contigo sueño».

É a mostra dun anaco de reguetón en boca dunha muller, xénero musical sinal de identidade da xeración postmillennial.

Os datos asustan. Segundo o CIS son máis machistas que os seus proxenitores ou incluso que os avós. Os estudos indican que 1 de cada 3 dos xoves entre 15 e 29 anos ( 33%) consideran que deben controlar o móbil das súas parellas e permitirlles relacionarse cós seus amigos e familiares. Terrible.

Se neste período de idade que se antecede á suposta madurez no que a música xoga papel condicionante asimilamos como boas estas mensaxes, isto mellorará?.

Hai alternativa. Si.

Este 22 maio no centro Ágora. ( A Coruña ). Entrega de premios da XV edición do certame de teatro BUERO xuvenil, rapaces de entre 13 e 21 anos soben a escena para representar mostras das súas pezas gañadoras vendo recoñecidas as horas de ensaio, o traballo en grupo, o uso da lingua (sexa cal sexa ), a comunicación, a tolerancia, a disciplina e os incontables adxectivos positivos que definen o proceso teatral na xuventude.

Este ano os elixidos foron na categoría non escolar O ruiseñor e na categoría escolar Vai no dentista.

As segundas máis votadas: Sombras de Lohengrin e Xulieta e Romeo de Peleteiro. O fallo do xurado deu de si mencións especiais a vestiario, igualdade, pedagoxía…

Neste contexto do nacemento da ilusión sobre as táboas traballan duro case sen medios, apoiad@s por monitores e monitoras que fomentan igualdade, paixón e respecto.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *