Leer noticia

Un filme para superar barreiras

O director Rubén Riós presenta a xira coruñesa de ‘Vida’, un produto audiovisual protagonizado por persoas con diversidade funcional 

«Teño 36 anos, e é posible que non volva facer unha película destas características». Deste xeito comezaba onte o director Rubén Riós o anuncio do percorrido coruñés duns dos seus últimos traballos, a curtametraxe Vida e o documental sobre a rodaxe da mesma, Máis ca vida. Ambos proxectos, que colocan nos papeis protagonistas a dous actores noveis con diversidade funcional, comezarán esta semana un camiño por varios concellos da provincia, que terá como punto de partida o municipio de Ribeira. Os filmes, nos que tamén participan profesionais consolidados coma Estíbaliz Veiga, Cristina Castaño ou Javier Gutiérrez, perseguen o obxectivo de «visibilizar» o día a día de persoas con distintas capacidades», ofrecéndolles aos espectadores un prisma distinto co que observar as realidades deste tipo.»Este é un proxecto que fai pensar, unha realidade que ás veces agochamos non porque sexamos malos, se non porque a nivel educacional non nos dan a posibilidade de vela dun xeito distinto», explicou Riós. Na súa crenza da importancia de chegar «á raíz, ao alumno e a todos os concellos», o director anunciou que levará, ao longo destes meses, os dous produtos audiovisuais á xente de Ribeira (21 de abril), Vedra (22 de abril), Padrón (5 de maio), Boqueixón (14 de maio) e Sada (21 de maio); unha empresa para a que contará coa axuda da área de Cultura da Deputación da Coruña.»Queremos que a xente sexa moito máis consciente da integración e da inclusión absolutamente necesaria en todas as facetas da vida, e unha delas é o medio audiovisual», afirmou a deputada de Cultura, Goretti Sanmartín, calificando o traballo de Riós como «un proxecto pioneiro» no que «as persoas con diversidade funcional plasman as súas dúbidas, problemas, interrogantes e desexos».Nos filmes, estas persoas son Mónica Ferreiro e Óscar Rodríguez. Os actores con discapacidade intelectual emprenderon con Riós un proxecto de dous anos, nos que seguiron as mesmas técnicas que o ourensán empregou na súa carreira como actor: «Eu ía facer soamente unha curta, pero déronme unha auténtica lección de vida. Empecei a traballar con eles e fun atopando que, cando a xente lle dan tempo, consegue os seus obxectivos. Ás veces é un problema de tempo, de cariño. Eles teñen moitas cousas para dar, e iso é o que está neste proxecto», dixo Riós.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *