ver artículo 

Te hablo con mi cuerpo.

Hiciste brujería. Ya ni sé ni qué día es. Con tanta adrenalina. Dime, ¿qué vamos a hacer?» Este é un anaco da letra da canción de Delafé feat Delaporte, que é pura adrenalina, tal e como o seu título indica. O psicólogo J. García-Allen explica as alteracións químicas que produce o amor. Na compaña do ser querido, o corazón adoita sincronizarse co do outro: parece a metáfora cursi, pero é real. A química hormonal que xera provoca que ca do nos caza Cupido esteamos cheos de enerxía e a nosa percepción da vida sexa magnífica. A oxitocina axuda a forxar lazos permanentes entre os amantes despois da primeira «cita». Actúa «cambiando as conexións» dos miles de mi- llóns de circuítos neuronais. Esta hormona coñécese como o neurotransmisor da confianza e é liberada en grandes cantidades nos encontros da parella, ou en menor medida cando os animais lamben ás súas crías. A serotonina é o neurotransmisor da felicidade. Responsa- ble do benestar, xera optimismo, bo humor e sociabilidade, e é coñecida por desempeñar un gran papel na inhibición da rabia. Os niveis baixos están asociados á depresión.

A noradrenalina/norepirefrina induce euforia no cerebro, excitando o corpo e dándolle unha dose de adrenalina natural. Isto fai que o corazón latexe máis rápido, polo que a presión arterial aumenta e fainos respirar máis profundamente. O síntoma: palmas suorosas e os rubores nas primeiras eta- pas do namoramento.

«Me fascinas, me iluminas. Rompes todos mis esquemas… y dame más de esa adrenalina». Así remata a canción e eu, per- soalmente, creo que se todos estiveramos «mellor» namorados o mundo «veríase más vivo».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *