Si, dáme máis instinto, do que dá AMOR incondicional. O do animal.
Si, dáme máis instinto, do que non é corrupto nin criminal. O do animal. Si, o que non xulga, o que non pretende…, o dos «animais viscerais». Nós que somos tan humanos, tan listos e tan artistas, príncipes e dentistas…, imos mercar «peluchiños» , xogamos , cen selfies e outro ABANDONO! Non «houbo» máis remedio. É que comen, medran e ensucian . É o que ten SER un SER vivo. Freud dicía «O tempo invertido cun gato nunca é tempo perdido». Pois igual si. Como me mira ela , non me miran moitos seres . Eses seres que de «ser» , son seres humanos. Os mesmos que abandonan, corrompen , maltratan… e todo dende o pensamento racional, por suposto. Non dun xeito animal visceral. Non, claro que non. Como noutros asuntos de civismo, os Países Baixos van por diante na protección dos dereitos dos animais. Grazas ao traballo conxunto entre as autoridades e a cidadanía. Maltratar ou «perder» a un animal, multa que supera 16 mil euros e pena de prisión de ata 3 anos. Organizáronse campañas de sensibilización, esterilizacións masivas e libres. Altos impostos sobre a compra de animais de raza, fomentar a adopción de peludos sen teito. En 1864 creouse a primeira axencia de protección animal. En 1877, primeiro asilo canino. As primeiras penas por abuso de animais datan de 1866. A finais do século XX, aprobouse a Lei de Saúde e Benestar Animal, un factor fundamental para que hoxe Holanda sexa país sen animais ABANDONADOS. Igual é que a humanidade non é para toda a Humanidade? Instinto humano? Dáme instinto animal.
(Adicado a Cinza)
Estíbaliz Veiga