Ver artículo

A miña relación con Galicia e a opción pola lingua é unha pola lingua é unha, declaraba Ma Victoria Moreno, en 1993, no congreso Poetas Alófonos en Lingua Galega.

A… Brétema, arroutada, aperta, ledicia, morriña, ruliña, saudade, trapallada,..

A nosa riqueza lingüística. Como estrañar cunha musicalidade de quen aloumiña. Unha lingua feminina, unhas letras (as galegas ) que utilizan cen palabras para se referir á choiva.

Este ano o 17 de maio adícase a unha extremeña que namora dende os seus 22 anos do galego, utilizándoo para os seus contos de animais, coas palabras que Alfonso X, O Sabio xa sabía usar polo segunda metade do século XIII. O mesmo galego da ribadense Luz Pozo Garza que é, di Rosario Álvarez da USC, «voz ilustre na nosa poesía desde a publicación do seu poemario, O paxaro na boca (1952), Xistral».

O mesmo galego de Padrón da sombra que asombraba da gran Rosalía e o mesmo galego coruñés da poetisa Olga Patiño no presente apertándonos a alma nos «tempos en desuso».

Elas son algunhas das moitas que veneramos o idioma que nos fai ter armas literarias, forza na fala, e arte nas miradas.

Se escoito a un alumno que non sabe cal é a vista dos meus ollos , sinto mágoa porque non hai nada máis bonito que falarlle ás «estreliñas que brilan e ó vento que zoa» na aldea que te veu medrar.

Nada tan fermoso como ser a picariña mollándose co barruzo na Mariña, forte como sesearlle ó «jholpe de mar» en Sta. Mariña de Malpica. Non hai nada como cantar a un amante sobre as ondas do mar de Vigo.

As palabras non teñen poder por si soas, téñeno cando soan. Feliz día das nosas LETRAS.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *