ver artículo

As miñas compañeiras de filoloxía i eu quedábamos os venres para darlle voltas a Lost. O final deixounos chafadas.

A serie á que te enganchas é o mundo paralelo do cal falar cos amigos, no traballo, no comezo dunha relación… Viaxamos a lugares comúns, onde durante meses vivimos pendentes dun fío e se nos conxela o sangue por momentos. Nunha «distopía» (un futuro cheo de horrores), June ( E. Moss), muller, nai e filla, nos achega ó trato real ás mulleres en moitas sociedades pasadas e actuais.
Rematou a 2a tempada (HBO) e din que en abril do ano que vén teremos máis.

Sen facer spoiler desmedido, sentadas á mesa varias seriéfilas coincidíamos na aversión profunda ó Comandante (J. Fiennes), aínda que todos os personaxes están inmensamente interpretados, Serena (Y. Strechowski ) é a revelación para nós, apaixonadas de The Handmaid’s Tale. Enganchada. Será dura a espera.

Rematou O Affair de verán. Paixóns, morte, traxedia… Todos, ingredientes Shakesperianos. Noah Solloway e Alison Bailey (D. West e R. Wilson) protagonizan un amor extramarital contado dende varias perspectivas. Estupenda narrativa audiovisual. Enganchada.

Segundo o estudo da Women’s Institute o tratamento e representación das mulleres en series de TV contribuíu á difusión dos estereotipos de xénero nos contidos. Coma este, moitos, é unha realidade, por iso non quero deixar de valorar Big little lies, The Feud, Sharp Objects, series nas que as mulleres cobran a SÚA relevancia e actrices de tódalas idades, tamén. Á espera de Antes de perder, da galega Sonia Méndez, que parece, será unha delas.

Máis series e máis mulleres.

*Estíbaliz Veiga é actriz natural de Barreiros.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *