que ten lugar no mes de novembro, onde as seccións xiran arredor da muller nas actividades artísticas, tiven o pracer de ser convidada para dar unha das «charlas coloquio» onde se expresan as problemáticas de xénero, na procura da reivindicación da muller como eixe vertebrador da sociedade e, polo tanto, das artes e a súa comunicación. Eu fun como parte do GP das Tempadas de Igualdade, que teñen como fin reagrupar estrutu- ras de produción e distribución das artes escénicas que desexen abranguer a igualdade profesional entre mulleres e homes, en colaboración con organizacións civís do ámbito da creación que impulsan o cumprimento da Lei Orgánica 3/2007 para a igualdade efectiva de mulleres e homes.
Promovidas pola asociación Clásicas e Modernas e constituídas por profesionais da arte e da cultura, convoca para este proxecto ao sector das artes escénicas e forman conxuntamente Grupos Promotores para recadar adhesións de centros, institucións públicas e privadas.
A idea xorde na sociedade civil francesa, fronte ás cifras de desigualdade dos informes globais sobre cultura. O activismo feminista e profesionais da igualdade crearon xuntos este proxecto de éxito, hoxe en mans de organizacións federadas dentro do Mouvement HM.
Obxectivo: instar as estruturas de produción, difusión e axe tes culturais a pór en práctica os principios de igualdade de xénero. Propor unha folla de ruta e ofrecer colaboración experta. Nisto estamos traballando.
Este é o 2.o ano do FEM, que naceu coa obriga da xeración de dinámicas de integración na Coruña.
#fem2018 #culturadebarrio