da cultura co lema #Nonoscanceles «Eu tamén son traballador/a cultural». Este é o texto que acompañaba as nosas fotos, ó cal eu non lle quitaría unha «triste» coma: «A cultura, no seu sentido máis amplo, tece as nosas vidas, as nosas emocións, a nosa identidade, o noso futuro. Todas as artes están agora mesmo sufrindo na súa pel a cancelación de toda actividade. O sector cultural galego reclama o coidado, o acompañamento e comprensión do público que o aplaude e das administracións que deben servir para axudar a que soportemos un golpe desta magnitude. Milleiros de artistas en xeral, promotores, produtoras, axencias de representación, persoal técnico de son, luces e montaxe, cámaras, seguridade…. e un longo etc de profesións que sufrimos un paro indefinido e sen apenas soporte corto-medio prazo. Fanse urxentes as medidas de compensación para un sector sen ningunha garantía nin axuda específica. Fomos os primeiros en saír da escena e non queremos ser os últimos en entrar, o noso futuro non pode ser cancelado. Sen cultura non hai país».
A presidenta da Academia Galega do Audiovisual, A. Míguez, reuniuse coas asociacións representativas do sector para consensuar propostas que trasladaron á Xunta e CRTVG. Evaluaron un encontro co conselleiro de Cultura no que Román Rodríguez ex- puxo a intención de concre- tar axudas para o audiovisual.
«A vida está antes que o cine» (O. Welles) pero para poder facer cine hai que estar vi- vos. Necesitamos axuda, somos coma o xunco do Dúo Di- námico, sempre en pé… pero desta volta a sacudida foi gorda. Esperamos esas medidas!